José Eiroa Fondo

Fotógrafo

O Perico. Cundíns (Cabana de Bergantiños) 14.12.1929
Pedrouzo. Cundíns (Cabana de Bergantiños) 02.04.2003

En José Eiroa Fondo, coñecido popularmente como o Fotógrafo de Cundíns, prendeu o xerme da fotografía no servizo militar. Despois, co regreso á aldea natal, alugoulle unha cámara a Gervasio de Carballo e púxose a tirar fotografías por toda esta baixa. O oficio pronto deu algunhas rendas e encargou unha Leika de case un millón de pesetas daquel tempo, que lle sería enviada desde Alemaña.

Eiroa posuía unha verdadeira ollada de creador. Se mercaba unha cámara nova, as primeiras probas realizábaas cos seus fillos que se bañaban en tina de cinc a carón da cociña de ferro. Ademais, labores da aldea, pequenos detalles de cada día, festas, feiras, vodas, comuñóns e outros eventos sociais marcan a temática dun interesante mundo creativo aínda por descubrir para o gran público.

Nun principio desprazábase ás romarías da volta coa cámara ás costas e montado en bicicleta, vehículo que despois cambiou por unha moto Guzzi e máis tarde por varios coches Citroën. Nas romaxes, retrataba as merendas, sobre todo grupos de mozos e mozas que por entón ansiaban ter carteiras ateigadas de instantáneas daqueles que lle enchían o ollo.

Nos inicios, comercializaba as fotografías polas feiras da volta: Baio, Agualada e Anllóns. Alí, acudía coa maleta e abría un amplo abano de retratos en exposición que logo mercaban as persoas retratadas. Pagaban e levaban a instantánea en branco e negro con toda ledicia coma quen encontra un tesouro. Máis tarde, dispensaba o traballo desde a casa. Durante un tempo, colgou como reclamo no escaparate a fotografía dun mozo con dúas pombas pousadas nos ombreiros.

O seu traballo tampouco estivo afastado de contratempos. Cando na casa facía falta un pouco máis de diñeiro, o fotógrafo Eiroa botábase á emigración ou saía embarcado. Pero sempre, ó final, regresaba á verdadeira vocación de seu: ó mundo da fotografía.

Nunha ocasión, desprazouse a Anos para realizar fotografías de carné. Na hora do xantar, pousou a cámara enriba dunha mesa. Cando a quixo coller, roubáranlla. Quedou negro. ¡Cantos esforzos pasara para chegar a ela! Denunciou o caso. Por sorte, días despois, apareceu no Allo, enriba dunha pedra á beira da estrada. Tratárase dunha broma, aínda que demasiado pesada para un corazón tan humilde coma o del.

José Eiroa era un fotógrafo total. Abranguía todo o proceso fotográfico, desde o inicio ata o remate, desde o momento en que tiraba a fotografía, pasando polo revelado ata deixar a instantánea en mans do cliente. Pola contorna, foi dos poucos que revelaban en branco e negro. Aprendeu a técnica do revelado nos laboratorios de Foto Blanco da Coruña. A continuación, armouse do material necesario (ampliadora, líquidos, papel...) para realizar copias nun pequeno laboratorio construído ó lado do comedor da súa casa.

Debemos observar o traballo de José Eiroa Fondo, o Fotógrafo de Cundís, como testemuña imprescindible dun pasado en imaxes de Cabana de Bergantiños. Por dereito propio, cada fotografía súa converteuse en recanto de lembranzas dunha terra e dunhas xentes que habitaron estes confíns en pleno século XX.

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Deprecated function: mb_strlen(): Passing null to parameter #1 ($string) of type string is deprecated en drupal_strlen() (liña 482 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/unicode.inc).

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).