Fermín Calvo Gómez

(Regueifeiro)

A Silvarredonda (Cabana de Bergantiños) 24.05.1936

Fermín Calvo Gómez naceu en Silvarredonda a escasos meses do inicio da Guerra Civil española. Como todo neno da posguerra, a súa vida non foi como a de calquera rapaz de hoxe. Apenas puido ir á escola. Iría cando era un mozote. E desde os primeiros anos tivo que traballar en casa de labradores para gañar o caldo. Á hora de comer non sentaba na mesa dos amos, senón que comía nunha banqueta no medio da cociña como clara mostra da separación de clase social entre un criado de servizo en casa de labradores.

Cos anos, os tempos viñeron a mellor e nuns poucos meses acode a escola en Silvarredonda. Pola vergoña que padecía, ó ser un mozote entre nenos pequenos, aprende rápido as catro regras básicas para se mover na vida do seu tempo. 

Logo, bótase a serranchín cortando madeira nos montes de Bergantiños. Daquela, a madeira era moi apreciada e transportábase en barcos de cabotaxe desde a enseada da Insua ou desde o porto de Corme.

Outro oficio que desempeñou Fermín foi o de canteiro. Comezou, coma todos os rapaces, subindo barro amasado e encharcado de auga á cabeza por escadas arriba para darlle masa ós canteiros. Pronto deixaría esta dura tarefa e aprendería xa a andar coas pedras. Unha das súas tarefas como canteiro era a de picar as pedras (moas) dos muíños, hoxe abandonados.

Coma moitos bergantiñáns, Fermín Calvo tamén padeceu a lacra da emigración. Partiu en tren con toda ilusión, pero a realidade fíxoo espertar do seu soño: o que pensaba ser un palacio para vivir era unha barraca; e nada máis chegar, xa tivo que botar mans ó traballo.

Ó longo do século XX, Bergantiños foi un paraíso de poetas populares. Entre eles destacan, pola súa sona, os regueifeiros. Un deles é Fermín Calvo Gómez, coñecido no mundo da regueifa como Fermín da Feira Nova por ser este o lugar de Coristanco a onde casaría.

Espertou ó mundo da regueifa naqueles traballos comunais das aldeas de Bergantiños que convidaban a festa ou remataban en foliada. Así, nas fiadas de liño e de la poñía os ollos nos homes e mulleres que cantaban. Cando había foliadas de pandeireta en calquera rueiro tamén prestaba atención. Nas xuntanzas das carretadas de pedra para as casas ou nichos de cantería atendía ó cantar de canteiros e carreteiros. Fermín lembra como naqueles tempos había mulleres que cantaban a regueifa moito mellor cós homes, pero por ser muller dáballes vergoña competir con eles en público.

Fermín Calvo é hoxe historia viva da regueifa en Bergantiños e en Galicia. Primeiro, porque é un dos últimos vellos regueifeiros vivos; un dos que cantan á vella maneira. Segundo, porque é testemuña e libro aberto para falarnos dos máis importantes regueifeiros que houbo na comarca ó longo do século XX. Ninguén mellor ca el para falarnos de Cadete da Campara, Camuzas, O Piloto, Verdías, Leonarda, Churrillo, O Sotelo, O Galo, Calviño de Tallo, Maximino de Mens, Celestrino de Leduzo, Blanquiño, Grixoa ou Costa de Xaviña. De todos eles, Blanco foi o seu mestre e Fermín botou a cantar a regueifa o día en que tumbou ó gran Calviño de Tallo.

Moitas aldeas de Bergantiños, lugares de Galicia, varios programas de televisión ou mesmo de radio gardan testemuño das coplas deste regueifeiro. Fermín é un asiduo ó programa Luar da Televisión de Galicia, a xornalista Cristina Abelleirateno entrevistado en directo a través das ondas de Radiovoz Bergantiños. Ten Fermín compartido palco con CalviñoGrixoa ou Guillermo da Rabadeira nasFestas da Regueifa que organizou a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños). En marzo de 2006, o Concello de Cabana de Bergantiños, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recuperou a tradición da regueifa nunhas xornadas nas que interviron especialistas en poesía popular como Dorothé Schubarth ou Domingo Blanco. Os actos fecháronse cunha regueifa na que participaron os catro últimos regueifeiros de Bergantiños: Guillermo da Rabadeira Fermín da Feiranova, como representantes da vella garda; e Suso e Antonio de Xornes, a nova fornada de cantadores. Fermín estaba entre eles e alí desvelou a todos a súa orixe cabanesa nas terras de Silvarredonda.

O regueifeiro Fermín botouse tamén a poeta, púxose a escribir aquilo que tiña cantado en público tantas e tantas veces e publicouno baixo o título de "Recordos dun regueifeiro". Esta publicación do Concello de Cabana de Bergantiños en homenaxe ó seu fillo regueifeiro, supón o rescate dun poeta popular como outros moitos que hai por Galicia adiante. Non é este o primeiro libro dun poeta popular en Bergantiños xa que desde hai décadas téñense publicado varios poemarios de escritores desa estirpe. Citamos as Páxinas da "rexubeira de Bergantiños" de Asunción Antelo, "A miña vida en verso" de Manuel Mourelle ou a "Colleita poética" de María Baña. Agora súmanse estes Recordos dun regueifeiro.

Neste libro, Fermín é debedor, así o recoñece e así se pode ler na súa obra, de catro grandes poetas bergantiñáns: Alfredo BrañasMaría BañaEduardo Pondal Asunción Antelo. Nos versos do regueifeiro obsérvanse pegadas sobre todos destes tres últimos. Coma Pondal, canta á súa terra de nacencia. Como Asunción, condúcenos polos lugares máis simbólicos de Coristanco.

Nos Recordos dun regueifeiro, está parte de Bergantiños. Romarías, aldeas ou costumes da xuventude. Tampouco falta a crítica directa como denuncia de actitudes reprochables. 

Lendo estes poemas de Fermín da Feira Nova, un pode facerse a idea de que o está vendo regueifar enriba dun palco ou na pantalla da televisión. Canta e escribe nunha lingua de fonda raíz bergantiñá como mostra da lingua viva conservada na nosa comarca, aínda que en ocasións empregue o castelán.

Hoxe en día é difícil presenciar unha regueifa na terra de Bergantiños, patria da regueifa. Tan só, de raro en raro, se programa algunha por estes lares. Por sorte, coa lectura deste libro será máis doado recordar a memoria destes versificadores de vella estirpe. Fermín Calvo GómezFermín da Feira

Galego
Erro | Concello de Cabana

Erro

O sitio web atopou un erro inesperado. Por favor, inténteo de novo máis tarde.

Mensaxe de erro

  • Deprecated function: mb_strlen(): Passing null to parameter #1 ($string) of type string is deprecated en drupal_strlen() (liña 482 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/unicode.inc).

  • Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/concello-cabana/www/includes/common.inc:2861) en drupal_send_headers() (liña 1554 de /usr/home/concello-cabana/www/includes/bootstrap.inc).
  • Error: Call to undefined function each() en SimplenewsSpool->nextSource() (liña 273 de /usr/home/concello-cabana/www/sites/all/modules/simplenews/includes/simplenews.source.inc).