Saltar navegación
Concello de Cabana
Concello de Cabana. Secuencia de imaxes do Concello de Cabana
Dolmen de DombateA Cidá de BorneiroMiradoiro de Aves

O CONCELLO
Novas

Normativa:
Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula oprocedemento para a súa obtención. (DOG nº 147 do4/08/2016)

Finalidade da tarxeta:
Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinadosservizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.

Lugar de presentación:
Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello a que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico dasadministracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo: Aberto todo o ano

Máis información.

Publicado: 07 de setembro de 2016
Normativa:
Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procede á súa convocatoria. (DOG nº161 do 26/08/2016)

Obxecto:
Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

Período subvencionable:
Desde o día 27 de agosto de 2016. ata o 1 decembro de 2017.

Lugar de presentación:
A través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2017.

Máis información.

Publicado: 07 de setembro de 2016
Coworking

Participa no Coworking de Cabana de Bergantiños, un espazo no que terás acceso gratuito a un programa de acompañamento e a un programa formativo que che axudará a emprender e poñer en marcha o teu proxecto. Podes obter máis información e inscribirte no seguinte enlace. ¡Acepta o reto e anímate a participar!

cwcabana@eoi.es

https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/cabana-de-bergantinos

Publicado: 1 de xullo de 2016
O departamento de servizos socias informa de que xa está aberto o prazo para solicitar as vacacións COCEMFE (praias, turismo de interior e natureza, illas e termalismo).

BENEFICIARIOS:
Persoas que acrediten un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ó 33%, tendo prioridade aqueles que superen ó 50%.
Ser maior de 16 anos. Autorización do pai, nai ou titor/a en caso de menores de idade.
Poden aisistir con carácter excepcional os/as fillo/as dos/as beneficiarios/as menores de 16 anos, sempre que xustifiquen a imposibilidade de poder viaxar sin a súa compaña.
Terán que levar acompañante, aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas ou que requiran axuda, para desenvolver as actividades básicas da vida diaria.

Información:

COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) – Tlf: 91 413 80 01

Departamento de Servizos Socias do Concello de Cabana de Bergantiños – Tlf: 981 75 40 20
Obxecto
Pagamento da factura eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación:
Desde o 15 de xaneiro até o 15 de novembro de 2016.

Persoas beneficiarias:
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e que teñan aviso de interrupcións de subministración eléctrica por non pagamento, segundo a normativa vixente, ou ben esta interrupción xa se producira, pola mesma causa.

Lugar de presentación:
- As solicitudes pódense tramitar no departamento de servizos sociais (traballadora social) previa cita nos teléfonos 981-754230/981-754257.
- Deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace:
https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

Máis información:
- Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables.
- ORDE do 28 de decembro de 2015 (DOG nº 249 do 31/12/2015).
- CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 (DOG nº 14 do 22/01/2016).
- ORDE do 15 de xaneiro de 2016 (DOG nº 18 do 28/01/2016).
- Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Formulario normalizado.

Publicado: 11 de febreiro de 2016
- OBXETO: fixar as bases reguladoras e proceder a convocatória para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñan por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema de Garantia Xuvenil a través dos seguintes programas:
- Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas.
- Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas.

- PRAZO: dende o 31/decembro/2015 ata o 30/setembro/2016.

- Publicación: DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015 (Consellería de Economia, Emprego e Industria).


Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-0019_gl.html

Publicado: 5 de xaneiro 2016
- Finalidade: promover e axudar a financiar os proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de Garantia Xuvenil.

- Altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que se formalicen ou se vaian a formalizar dende o 01/10/2015 ata o 30/09/2016.

- Publicación: DOG nº 248 do mércores 30 de decembro de 2015 ( Consellería de Economia, Emprego e Industria).


Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-281215-0011_gl.pdf

Publicado: 5 de xaneiro 2016
- Finalidade: promover e axudar a financiar os proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional.

- Altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que se formalicen ou se vaian a formalizar dende o 01/10/2015 ata o 30/09/2016.

- Publicación: DOG nº 247 do martes 29 de decembro de 2015 ( Consellería de Economia, Emprego e Industria).


Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioG0424-231215-0029_gl.pdf

Publicado: 5 de xaneiro 2016
Segundo a Lei 25/2013 de 27 de decembro, a partires do 15 de xaneiro de 2015 é obligatoria a emisión de factura electrónica e a súa presentación telemática....

Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016

Formato RSS 2.0
Ir ao principio da páxina
By Abertal
1