Estructura

Estructura

Dombate está formado por un túmulo de planta irregular de forma acorazonada composto de terra limpa sobre a que se colocou unha coiraza de pedras de pequeño tamaño. Este túmulo envolve unha cámara poligonal que se extende cun corredor de catro metros e desenvolto en tres treitos. O corredor pechase cunha lousa vertical a modo de porta. A estrutura de acceso ó anterior configúrase como complexa: primeiro, unha incurvación na planta da masa tumular e na coiraza; despois o dromos, adro ou corredor descuberto horizontal no que apareceron 20 idoliños de pedra, unha zona enlaxada con pedras planas, un espazo de pavimento composto de grava e a porta de entrada ó corredor. Por comparación, dos dous Dombates presentan dúas formas diferentes de acceso á cámara: o Antigo ten un acceso simple conformada por unha invaxinación no túmulo e a coiraza a modo de funil; o Recente posúe unha forma moito máis complexa.

 

Cámara

É poligonal. Ten unhas medidas de 4,20 x 2,5 m de diámetro e 2,90 de altura. Está formada por sete lousas chantadas ou ortostatos e unha gran tampa que as cubre. A altura máxima da cámara é de 4,65 m.

 

Construtores

Para erguer o Dombate recente suponse que foron necesarios uns 140 homes se transportaron os lousas sen axuda de rolos e 53 no caso contrario

 

Corredor

Dombate recente é un dolmen de corredor. Este obsérvase diferenciado en planta e alzado. Posúe unha lonxitude de 4,10 m e unha anchura oscilante entre os 0,95 e 1,40 m. A altura do corredor vai medrando a medida que se achega á cámara (desde os 0,95 ata 1,50). O corredor foi un dos achados das escavacións de Dombate. Está orientado ó poñente. Fórmano tres chantas ou esteos a cada lado cunha lixeira inclinación cara a dentro na parte superior. A cuberta do corredor encóntrase desprazada de sitio. A laxe de peche presenta un pequeño escote na súa parte inferior

 

Pedras

As grandes pedras coas que se levantou ou dolmen de Dombate non foron extraídas do Monte de Borneiro, máis próximo, senón do Castelo de Lourido, ou do Campo da Mina, máis afastados, debido a que estas eran máis doadas de traballar.

Galego